Home Lugo e contorna Un accidente en Rábade obriga a trasladar a unha nena ferida

Un accidente en Rábade obriga a trasladar a unha nena ferida

0
Un accidente en Rábade obriga a trasladar a unha nena ferida
[Arquivo] Dispositivo de Tráfico | Garda Civil

Tres persoas resultaron feridas de carácter leve, entre elas unha nena de 16 meses, logo da colisión de dous vehículos ao paso por Rábade. O accidente produciuse contra as oito da tarde do martes na estrada de Lugo A Coruña, segundo informou a Axencia Galega de Emerxencias (Axega), pouco antes do tanatorio da localidade.

Dos tres feridos, unicamente a menor precisou de traslado a un centro hospitalario, e ningún deles tivo maior complicación. A nena foi atendida no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo, como informou GaliciaConfidencial.

A alerta foi recibida no centro de coordinación do 112 Galicia trala chamada de varios particulares que informaban do suceso. Con toda a información, os xestores de emerxencias convocaron as Urxencias Sanitarias do 061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Rábade.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here