InicioDeportesO C.D. Lugo aproba as contas do exercicio anterior e o orzamento...

O C.D. Lugo aproba as contas do exercicio anterior e o orzamento para a tempada actual

O presidente do equipo albivermello adiantou que xa hai "proxecto" e "orzamento" para a nova grada do fondo sur e para a nova iluminación esixida por LaLiga

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo S.A.D celebrou a súa xunta xeral ordinaria de accionistas cun 74,81 % de accionistas representados e cunha aprobación do 99,69 % dos cinco puntos do día: aprobación das contas anuais e informe de xestión do exercicio rematado o 30/6/2018, aprobación da proposta de distribución do resultado por parte do consello de administración, aprobación da xestión social, aprobación do orzamento de ingresos e gastos para o exercicio 2018-19 e aprobar a autorización ao consello de administración para a interpretación e elevación pública dos acordos. O Lugo aprobou un orzamento para a tempada 2018-19 de 8.177.000 euros e presentou un déficit de 210.000 euros no exercicio 2017-2018. 

Tino Saqués, presidente do Club Deportivo Lugo, explicou que as perdas veñen dadas “por diferentes circunstancias, un pouco dadas polas lesións que tivemos” e “o acordo do Cerceda”, que calificou coma “fallido” e “un fracaso”, pero que “puido saír ben”. Subliñou que están tentando “medrar en patrocinios e en todos os ingresos” que poidan.

O máximo dirixente albivermello comentou que “o nivel alto” do equipo na tempada 2017-2018 “non se viu reflectido” de xeito “sorprendente” medrando en abonados durante a pasada campaña, aínda que sí medrou o “ticketing”, pero Saqués aclarou que pola presenza de “afeccións rivais”. Opinou que “custa” aumentar abonados e precísanos “para ter ingresos e poder competir”.

Por outra banda, adiantou que xa hai “proxecto” e “orzamento” para a nova grada do fondo sur e para a nova iluminación esixida por LaLiga. 

No plano deportivo, contestou que “haberá algunha saída e algunha incorporación” neste mercado invernal. “Esperemos que a xente renove e siga aquí”, respondeu sobre os xogadores que rematan contrato. Aclarou que Juan Carlos Martín e Ramón Azeez rematan contrato, mentres Vasyl Kravets ten contrato para a tempada 2019-2020.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...