InicioPolíticaO PP de Lugo censura as «vagas explicacións» e a «desidia» do...

O PP de Lugo censura as «vagas explicacións» e a «desidia» do Concello

Segundo os populares, as explicacións do Concello pola situación da EDAR son insuficientes – Critican tamén o nomeamento «fóra de prazo» e sen informar antes ao resto de grupos do novo Delegado de Protección de Datos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O voceiro local do Partido Popular, Antonio Ameijide, chamou a atención sobre dous asuntos que atinxen ao Concello de Lugo: a xestión da Estación Depuradora (EDAR) e o nomeamento in extremis do Delegado de Protección de Datos. Dende a formación conservadora lamentan a falta de explicacións e a «desidia» polos informes negativos de Augas de Galicia e a ausencia de comunicación ao resto de grupos para tratar a figura do responsable xa nomeado.

Acerca da EDAR, Ameijide criticou as «escusas» da administración municipal, con responsabilidade e competencias no servizo de depuración. Para o voceiro popular é «inexplicable» que o Concello pague a unha empresa 150.000 euros mensuais pola xestión, cando ten competencia exclusiva segundo as leis de Augas de Galicia e de Bases de Réxime Local. Neste senso, lembrou os informes negativos que cualificaron a calidade da explotación da EDAR como moi deficientes. 

Ante a situación «alarmante» na depuración e a falta de solucións do executivo local, Ameijide anunciou que rexistrarán varias preguntas para que o Concello resposte, por escrito, sobre as medidas a tomar para reconducir a situación.

No respectivo á protección de datos, o PP censura o nomeamento «fóra de prazo» do novo Delegado. Alegan que a comunicación á Axencia de Protección de Datos fíxose o día 24, día límite antes da entrada en vigor do novo Regulamento Xeral. Así, Ameijide dixo que a alcaldía «fixo oídos sordos» do acordo plenario que obrigaba a tratar co resto de grupos o nomeamento desta figura. «Coma os malos estudiantes, esperaron ata o último minuto».

Proposta para vencellar a gastromomía de Lugo co Camiño Primitivo

Nun encontro cos responsables da hostalaría no Camiño, a dirixencia local do Partido Popular apostou por impulsar a cociña lucense no marco do itinerario cunha ruta de tapas. A «peregrinaxe gastronómica» do treito urbano tería o complemento de axudas ao comercio e actividades culturais para atraer aos peregrinos das vilas próximas de Portomarín ou Palas. Tamén solicitaron a mellora dos camiños e espazos públicos antes do Ano Santo de 2021.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...