InicioDeportesUn digno Breogán perde con contundencia ante Baskonia (100-78)

Un digno Breogán perde con contundencia ante Baskonia (100-78)

Os lucenses tiveron un arreón no terceiro cuarto (45-40) que permitiulles soñar co partido grazas a Jerome Jordan e ao acerto colectivo nas triplas, especialmente de Aleksandar Cvetkovic, pero Baskonia amosou claramente a súa superioridade

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán perdeu na súa visita ante Baskonia (100-78) e encadena cinco derrotas consecutivas. Os lucenses son penúltimos con dúas vitorias, as mesmas que o colista, Gipuzkoa Basket, e a unha da salvación. Os breoganistas, inferiores dende prácticamente o comezo, competiu continuamente, especialmente grazas ao acerto de Jerome Jordan e ás triplas, faceta na que destacou Aleksandar Cvetkovic. Os lucenses colocáronse a 5 puntos ao inicio do terceiro cuarto (45-40).

Os lucenses comezaron con Jerome Jordan, moi activo e bastante acertado durante todo o partido, como líder en ataque. No inicio do segundo cuarto, Baskonia alcanzou unha vantaxe de dez puntos. Os breoganistas amosaron novamente unha clara melloría nas triplas, que lles permitiu seguir competindo en cada intre que os baskonistas podían rachar o partido. Un parcial de 14-4 colocou a Baskonia 38-20 a 4 minutos do descanso para chegar ao ecuador, finalmente, con 43-28.

No comezo do terceiro cuarto, os breoganistas asinaron un parcial de 2-12 para colocarse a 5 puntos (45-40). Baskonia amosábase errático nos tiros libres fallando até 6 tiros consecutivos dende o 4.60. Os gasteiztarras volveron liderar un parcial positivo até o 69-51. O Breogán reaccionou novamente con 4 triplas consecutivas entre Alec Brown, Christian Díaz, Sergi Vidal e Lucio Redivo. Baskonia xestionou mellor o treito final até o 100-78 definitivo.

Aleksandar Cvetkovic foi o máximo anotador breoganista con 21 puntos, seguido por Jerome Jordan con 17 e Alec Brown con 12.

En Baskonia, o principal anotador foi Ilimane Diop con 20 puntos.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...