InicioDeportesAlberto Monteagudo: "O camiño é tentar facer moitas ocasións"

Alberto Monteagudo: “O camiño é tentar facer moitas ocasións”

O primeiro adestrador albivermello afirmou que Carlos Pita, baixa por lesión nas dúas xornadas previas e ausencia por sanción na antepenúltima, está "no período final" da súa recuperación

PUBLICADA O

- Advertisement -

Alberto Jiménez Monteagudo, primeiro adestrador do Club Deportivo Lugo, compareceu en rolda de prensa previa ao partido contra a Unión Deportiva Las Palmas no estadio Ángel Carro de Lugo o domingo a partir das 20 horas na decimosétima xornada de LaLiga 1|2|3.

O técnico albivermello afirmou que “falta matar” de cara o gol e “o camiño é tentar facer moitas ocasións”. Declarou que cometen “erros nas marcas”, coma no 1-0 contra o Levante U.D. onte na Copa (2-0).

Analizou a situación física de plantilla: “Guille Donoso ten molestias. Cre que non vai ser nada. Miguel Vieira tamén. Josete ten un pequeno problemiña na costa. Hoxe non adestrou. Mañana cremos que vai estar. Borja (San Emeterio) está bastante mellor. (Carlos) Pita está no período final. Luis Ruiz ten un pequeno esguince de ligamento no xeonllo. Está xusto, xusto, xusto. Hoxe díxome que tiña que saír do adestramento”.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...