InicioDeportesNatxo Lezkano: "Salvo Ricardo Úriz e Henk Norel, o equipo está ao...

Natxo Lezkano: “Salvo Ricardo Úriz e Henk Norel, o equipo está ao completo”

O adestrador breoganista comentou que, ante Baskonia no Buesa Arena de Vitoria-Gasteiz este domingo a partir das 17 horas, os lucenses teñen as súas "opcións" e teñen que "atopar ese posible resquicio"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Natxo Lezkano, adestrador de Cafés Candelas Breogán, compareceu en rolda de prensa previa ao partido contra Kirolbet Baskonia no Buesa Arena de Vitoria-Gasteiz na décima xornada da Liga Endesa o domingo a partir das 17 horas.

Lezkano afirmou que van “recuperando a Salva Arco”, que “pode estar en condicións de xogar algún minuto” no Buesa Arena, polo que, “salvo (Ricardo) Úriz e Henk Norel, o equipo está ao completo”. Engadiu que os catro xogadores internacionais que competiron nas fiestras FIBA “viñeron mellor” que noutras ocasións. Incluso explicou que as actuacións lle servirá “a nivel anímico” e “veranse reforzados” polas súas notables actuacións, especialmente a Emir Sulejmanovic, ao que citou. Sobre as molestias de Sulejmanovic, contestou que “segue igual” e “el está a facer todo o que pode”.

Analizou a situación da búsqueda dun aleiro que substitúa a Tarence Kinsey, desvinculado do club: “Estamos a traballar niso. Non está resultando sinxelo porque cando tes uns medios económicos un pouco limitados o abano de posibilidades redúcese bastante. Non podemos competir con outros clubes que tamén precisan xogadores. Estamos a mirar moito. O que queremos é acertar. Non é que nos estemos facendo os exquisitos. Se atopamos un xogador que nos guste poderíamos cambiar a idea das posicións que queremos e adaptarnos, mais ten que ser, de verdade, un xogador que nos guste e se adapte ás nosas posibilidades económicas. Si temos présa, pero queremos acertar”.

Opinou que Baskonia é un equipo “supersólido”, “na liga (Endesa) estaba a arrasar”, tivo “dúas derrotas un pouco inesperadas polos rivais” e é un conxunto “de primeiro nivel en Europa”. Valorou que “hai moito diferenza entre as dúas plantillas”. “Temos as nosas opcións, temos que buscalas, temos que atopar ese posible resquicio que poidan deixar eles para gañar. Eu vou alí a gañar, e os xogadores tamén”, declarou.

Natxo Lezkano formou parte do corpo técnico de Baskonia entre 2001 e 2007 e, de feito, foi primeiro adestrador provisional por sendos problemas de saúde de Dusko Ivanovic e Velimir Perasovic, actual adestrador baskonista: “Vitoria é a miña casa. Alí teño familia, teño amigos. Estiven seis anos moi bos e moi importantes no club. Sempre me trataron fantástico. O público sempre me tratou moi ben. É un partido que me fai ilusión”, respondeu. Sobre Perasovic, ex xogador do Breogán (1992-1993), lembrou as “dúas tempadas moi boas” con el. “Pasámolo moi ben. Gardo grandes lembranzas de el. Temos unha gran relación”, engadiu.

 

 

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...