InicioCulturaO leite con castaña, postre tendencia e idea dun enxeñeiro lucense

O leite con castaña, postre tendencia e idea dun enxeñeiro lucense

O novo postre de Larsa está dispoñible en formato de tarro de cristal, e foi desenvolvido canda o seu inventor, o enxeñeiro agrónomo Pablo Fraga

PUBLICADA O

- Advertisement -

A castaña é un produto tendencia en alimentación, cun longo percorrido na gastronomía galega. En solitario, como acompañamento, en salsas, cremas ou marmelo, a sinxeleza do froito do castiñeiro unicamente pode compararse coa dureza natural, que pide tempo e precisión na cociña. Na fin do outono, chega en forma de postre doce: a leite con castaña.

Este agasallo é idea de Pablo Fraga Gontán, egresado da Facultade de Enxeñería do Campus Terra, e trasládase aos supermercados da man de Larsa. Non vén nun brick, senón nun tarro de cristal de 115 gramos, listo para consumir. As propiedades do leite con castaña converten a este produto, rico en grasas, proteínas, minerais e vitamina C, ideal para a sobremesa: é dixestivo, nutritivo, e achega 121 quilocalorías por ración. E sen gluten.

Larsa, que produce os lácteos en Outeiro de Rei, presume dun postre cen por cento natural, con leite enteira, un 22 por cento de castaña, leite en pó e azucre. A interpretación da tradición vai deste xeito un paso alén, logo dos iogures de licor café, queimada ou mazá ao forno. O leite con castaña xorde a partir do primeiro premio de innnovación saudable Impulsando Galicia, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, e permitirá ao creador participar da quinta parte dos beneficios durante os tres primeiros anos.

+ posts

ÚLTIMAS

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...

Lugo estreará “As rúas do vento ceibe”, proxecto musical con máis de 300 voces arredor de poemas de Manuel María

O Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo acollerá o vindeiro 15 de maio o...