InicioDeportesUn Lugo profundo e creativo perde cun gol de Osasuna no minuto...

Un Lugo profundo e creativo perde cun gol de Osasuna no minuto 90 (1-0)

Os lucenses xeraron ocasións, pero erraron na definición, mentres Osasuna, máis ofensivo no treito final, aproveitou un erro defensivo nun saque de esquina para que Íñigo Pérez, que entrou no descanso, marcara o único gol do partido

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo perdeu na súa visita a Club Atlético Osasuna (1-0) cun gol de Íñigo Pérez ao rematar un saque de esquina.

Os lucenses fueron superiores na primeira metade sendo moi profundos e xerando ocasións. Activísimos Dani Escriche y Cristian Herrera creando e chegando a posicións de remate ante un Osasuna que baseaba o seu xogo nas chegadas por banda con centros cara a segunda liña, pois non xogan con dianteiro centro puro porque Juan Villar é máis segundo dianteiro, un chegador por definición.

De tódolos xeitos, Osasuna tivo a primeira situación de perigo cun remate de Roberto Torres despois dun centro de Carles Clerc. O disparo foi desviado pola defensa lucense. Intres despois, Cristian Herrera tivo a primera ocasión para o Lugo cun disparo de falta que se marchou a rentes do primeiro pau. Pouco antes do cuarto de hora, Juan Villar imponse a Miguel Vieira e remata noutro centro lateral, neste caso de Roberto Torres, e Juan Carlos Martín, porteiro do Club Deportivo Lugo, solventou cun paradón. Mediado o primeiro parcial, volea de Oier Sanjurjo, ex xogador do R.C. Celta de Vigo, que desvía a cobertura albivermella. Respondeu o Lugo cunha nova acción xerada por Cristian Herrera e Dani Escriche. Logo, no minuto 32, balón longo preciso e marabilloso de Vasyl Kravets para o desmarque de José Carlos Lazo, que no un para un contra o galego Rubén Martínez, porteiro de Osasuna, non definiu con precisión. Antes do descanso, balón filtrado de Lazo cara Escriche, cuxo zurdazo potente foi desviado por Rubén Martínez.

Osasuna modificou no descanso o seu plantexamente e introduciu ao mediocentro creativo Íñigo Pérez, decisivo á postre co seu gol, e substituiu ao central Aridane Hernández. Así a todo, o Lugo volveu ser superior con chegadas de Cristian Herrera e Dani Escriche dende o primeiro intre da segunda metade. No minuto 58, conducción de Lazo, disparo axustado e Rubén Martínez desviou o golpeo raso. No minuto 65, Cristian foi substituído por Jona Mejía.

Nos derradeiros intres, Osasuna sí foi máis ofensivo. Nacho Vidal, carrileiro dereito que entrou no minuto 68, disparou a bocaxarro despois dunha deixada de cabeza de Rubén García, pero Juan Carlos Martín desviou nun novo paradón. Despois dun saque de esquina botado en corto por Roberto Torres, José Carlos Lazo non acode á vixilancia con Rubén García, o xogador valenciano centra e Íñigo Pérez, libre de marca, golpea o balón de xeito mordido, pero entra na portería polo segundo pau. O Lugo buscou o empate, pero non tivo opcións no desconto.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...