InicioDeportesAlberto Monteagudo, sobre Carlos Pita: "Case seguro non poderemos contar con el"

Alberto Monteagudo, sobre Carlos Pita: “Case seguro non poderemos contar con el”

O primeiro adestrador albivermello analizou que Club Atlético Osasuna é "moi intenso, balón parado, futbolistas de nivel e fanse grandes na casa"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Alberto Jiménez Monteagudo, primeiro adestrador do Club Deportivo Lugo, afirma que Carlos Pita, baixa por sanción na pasada xornada, “vai xusto” e “case seguro” que “non” poderán “contar con el”. “No queremos errar”, dixo o técnico.

Monteagudo loubou que Club Atlético Osasuna, vindeiro rival este domingo en Pamplona ás 16 horas, “na casa son moi bos”, “moi intensos, balón parado, futbolistas de nivel e fanse grandes na casa”. Lembrou que no Sadar “non gañou ninguén” esta tempada.

O adestrador manchego pediu aos seus xogadores “poñerlle a mesma intensidade ca eles”.

Alberto Jiménez Monteagudo contestou que Osasuna “xoga dun xeito moi específico”, polo que tentarán “poñer os xogadores que máis dano lles poden facer”.

O primeiro adestrador do Lugo comentou que “esta semana traballaron moito os centros e remates”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...