InicioEconomíaPreacordo entre sindicatos e patronal de folga das traballadoras da limpeza en...

Preacordo entre sindicatos e patronal de folga das traballadoras da limpeza en Lugo

O pacto deberá ser agora ratificado en asemblea polas traballadoras, en folga desde o 16 de outubro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Sindicatos e a patronal da limpeza na provincia de Lugo alcanzaron un preacordo para a firma dun novo convenio que, de ser ratificada polas traballadoras en asemblea, poría fin á folga que manteñen desde o 16 de outubro.

O acordo inclúe un incremento salarial do 18,3% durante a vixencia do convenio, con subidas porcentuais de entre o 3,1 e o 4,2% durante en cada exercicio ata 2026, segundo informou a CIG nun comunicado.

O texto, que será sometido a votación das traballadoras e traballadores nas asembleas convocadas ás 11,00 e 17,00 horas na Casa Sindical de Lugo, tamén inclúe subidas no plus de traballo por domingos e festivos cos correspondentes atrasos.

A CIG tamén destaca a incorporación ao novo convenio provincial dun clásula para blindar o pago de, como mínimo, o salario mínimo interprofesional vixente en cada momento e outra que obriga a activar unha comisión negociadora no primeiro trimestre de 2027 para negociar un novo acordo colectivo que, de incumprirse, suporá de forma automática un aumento da táboa salarial do 2%.

A central nacionalista incidiu en que isto último busca “impedir as manobras patronais para non actualizar o convenio que veñen repetindo en cada negociación, ben negándose a constituír a mesa ou ben alongando indebidamente as negociacións”.

ANTIGÜEDAD

Así mesmo, o novo convenio tamén inclúe que a contía dos trienios “seguirá sendo unha porcentaxe do salario basee” co que as traballadoras verán incrementadas as súas retribucións que perciban por este concepto.

Para a CIG, isto constitúe “un dos éxitos da exemplar loita das traballadoras” tras meses de folga ao lograr “frear os recortes na antigüidade que pretendía impor a patronal, modificando o sistema de cálculo para pasalo a unha contía fixa”.

Ademais, o preacordo actualiza as condicións das vacacións, permisos ou pólizas de accidentes, así como o compromiso de que os participantes na folga perciban os atrasos de forma íntegra e non vexan afectadas as súas vacacións.

Xunto a isto, conseguíronse melloras nas percepcións das vacacións, nos permisos ou na póliza de accidentes. E tamén unha garantía para que as traballadoras e traballadores que participaron na folga (que hoxe cumpre 129 días) perciban os atrasos íntegros e non vexan afectadas as súas vacacións.

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...