InicioTerra CháCastro de ReiO PP tramita a reclamación dun voto anulado en Castro de Rei...

O PP tramita a reclamación dun voto anulado en Castro de Rei que contiña no sobre unha fotografía porno

O Grupo Provincial do PP iniciou os trámites para reclamar como válido un voto anulado pola mesa electoral o pasado domingo nun colexio de Castro Ribeiras de Lea (Lugo) que contiña no interior do sobre, xunto á papeleta dos populares, unha fotografía de Samantha Fox espida.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Provincial do PP iniciou os trámites para reclamar como válido un voto anulado pola mesa electoral o pasado domingo nun colexio de Castro Ribeiras de Lea que contiña no interior do sobre, xunto á papeleta dos populares, unha fotografía de Samantha Fox espida. Os membros da mesa electoral, unha das seis habilitadas nesta localidade pertencente ao concello de Castro de Rei, declararon nulo o voto durante o reconto, pero o PP interpuxo xa unha reclamación ante a Xunta Electoral para solicitar a validez do mesmo.

“Nós temos un procedemento xenérico con todos os votos nulos para reclamalos co modelo de reclamación que temos, con independencia de cal sexa o motivo de nulidade do voto. Daquela a Xunta Electoral decidirá. Os apoderados e interventores non teñen a última palabra á hora de decidir se un voto é nulo ou non”, explicou, en declaracións a Europa Press, o alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado.

O rexedor, que aclarou que a súa opinión acerca da validez do sufraxio é “irrelevante” xa que a reclamación realízase de acordo a un modelo xenérico cubrindo o formulario de reclamación e achegando a acta de escrutinio, indicou que será “o xuíz ou a xuíza” da Xunta Electoral quen teña que decidir “se o voto é válido ou non”.

No sobre da discordia non figuraba tachado o nome de ningún candidato, tan só unha fotografía explícita de carácter pornográfico da cantante, actriz e modelo británica, Samantha Fox, acompañando a papeleta do PP encabezada nos comicios en Lugo pola cabeza de lista provincial, Elena Candia.

“A lei o que di é que os votos nulos son aqueles nos que se ofrece algunha dúbida sobre a vontade do propio elector. Eu non sei se é válido ou non. Hai casos máis e menos dubidosos, casos en que vén, por exemplo, o sobre cun recorte de xornal ou como este, que vén cunha fotografía que non é moi apropiada, e séguese o modelo xeral”, argumentou Francisco Balado.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...