Home Lugo e contorna Lugo A Deputación de Lugo organiza un taller práctico sobre reciclaxe para docentes

A Deputación de Lugo organiza un taller práctico sobre reciclaxe para docentes

0

A Deputación de Lugo organizou, no Centro de Interpretación Terras do Miño, un taller práctico sobre reciclaxe dirixida a docentes, segundo informa.

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, participou en tarde deste mércores na inauguración do taller de ‘Reciclaxe, Reutilización e Recuperación’, organizado polo Centro de Interpretación.

Trátase dunha formación práctica dirixida a docentes para promover o coñecemento e a conciencia ambiental nas aulas co obxectivo de contribuír a un futuro máis sustentable.

O deputado Pablo Rivera deu a benvida aos partipantes, neste caso docentes do IES Xoán Montes e destacou que este taller “non é simplemente un evento puntual, senón unha acción formativa con vocación de continuidade”.

+ posts