InicioMedioambiente e PatrimonioAparecen sete campamentos romanos en Lugo, provincia clave para entender a penetración...

Aparecen sete campamentos romanos en Lugo, provincia clave para entender a penetración romana en Galicia

Os recintos atópanse nos concellos de Cospeito, Friol, Palas de Rei, A Fonsagrada, Baleira, Castroverde e Riotorto e converten a Lugo na provincia galega con maior presenza militar romana

PUBLICADA O

- Advertisement -

Sete novos posibles recintos arqueolóxicos de carácter temporal converten a Lugo na provincia galega con maior número de restos arqueolóxicos vinculados ás actividades do exército romano. Así o sinala a publicación “Entre valados e piñeirais. Achegas arqueolóxicas ao coñecemento da presenza militar romana na Galicia Nororiental”, que un equipo de arqueólogos e investigadores do colectivo romanarmy de diferentes universidades acaba de publicar no último número (33) da revista Croa, editada polo Museo do castro de Viladonga. A investigación está liderada polo arqueólogo Andrés Menéndez-Blanco (Universidade de Oviedo).

A publicación agrupa os novos achados en dous grupos, aqueles xacementos que ofrecen unha “fiabilidade alta” e os que se consideran “indicios probables”. Entre os primeiros, atópanse os recintos coñecidos como O Vedro da Fame (A Ermida, Riotorto), A Costa (Arcillá, Cospeito) e As Pardellas (Guillarei, Friol). No segundo grupo, sitúanse o Monte Endemil (San Xoán do Mato / Saa, Palas de Rei), Penoucos (Fonfría / Barbeitos, A Fonsagrada), O Campo da Matanza (O Cádavo, Baleira) e A Lagúa (Airexe, Baleira / Pereira, Castroverde). A diferencia entre os de ‘fiabilidade alta’ e os ‘indicios probables’ é en primeiro lugar o seu grao de conservación, que nos primeiros é máis elevado e poden ser encadrados e comparados con outros campamentos ben coñecidos. No segundo caso, a gran intensidade das tarefas agrícolas sobre as estruturas e o grao de degradación do xacemento impide ter o mesmo nivel de certeza, pero os investigadores dannos a coñecer “pola necesidade de recorrer a elementos cada vez menos conspicuos dentro do rexistro arqueolóxico para responder ás nosas pregunta de investigación”.

Toda a reportaxe en Historia de Galicia

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...