InicioMovementos sociaisEspecialistas abordarán este mércores no HULA o tratamento dos trastornos alimentarios

Especialistas abordarán este mércores no HULA o tratamento dos trastornos alimentarios

CIOR organiza no hospital lucense a I Xornada sobre TCA, para divulgar a experiencia e a metodoloxía de facultativos e voluntarios

PUBLICADA O

- Advertisement -

INMA AIRA | A asociación CIOR GALICIA organiza para este mércores 30 de novembro de 13.30 a 15.00 horas, a I Xornada sobre TCA ( Transtorno da Conduta Alimentaria), no salón de actos doHospital Universitario Lucus  Augusti ( HULA) de Lugo, coincidindo a data co día Internacional da loita contra os  Transtornos da Conduta Alimentaria.

O acto comezará coa presentación dun vídeo de Concienciación e Sensibilización dos TCA. Seguidamente Mª Luz Cid, presidenta e fundadora de CIOR Galicia relatará o seu testemuño e experiencia biográfica e explicará o papel que ten a asociación na atención aos TCA. Continuará, a vicepresidenta da asociación, Mª Pilar Espinosa aclarará como axudar aos pacientes con TCA como médico de atención primaria e cales son os síntomas aos que deben prestar atención nunha consulta.

Nesta xornada resolveranse dúbidas tan comúns como: que son os Trastornos da Conduta Alimentaria, como detectar os TCA, a necesidade do tratamento multidisciplinar e especializado e do tratamento das emocións e autoestima dos afectados.

Os relatores que participan nesta actividade son profesionais especialistas neste tipo de trastornos. Darán a claves para detectar o transtorno, en idades temperás e nas consultas médicas, e as estratexias para seguir cos pacientes en en a contorna familiar e da educación.

Os ponentes participantes da xornada son a psicóloga infanto-xuvenil do HULA, Yolanda Carballeira Rifón, fará unha valoración sobre os TCA en idades temperás, continuará Manuel Antonio Botana López, endocrino facultativo, especialista desta área no Hospital Lucus Agusti, coa súa intervención da valoración e o manexo nutricional do TCA, e a obesidade como TCA, seguidamente a educadora social da asociación e especialista en educación emocional, Paula Carreira Sotelino, comentará as estratexias que se deben seguir desde a educación emocional na intervención con TCA e terminará o acto con Natalia Taboada Touzón, traballadora social e mediadora familiar, voluntaria de CIOR GALICIA que explicará as estratexias que se teñen que seguir desde a educación familiar na intervención dos pacientes con lestes transtornos.

CIOR Galicia (Asociación de Prevención e Axuda aos TCA) é unha entidade de recente creación que ten como finalidade levar a cabo un importante labor de concienciación e sensibilización sobre os Trastornos da Conduta Alimentaria ao mesmo tempo, brindar información, asesoramento e apoio aos afectados, e ás familias dos mesmos. CIOR ten  como principal obxectivo, previr, detectar e contribuír á superación dos TCA.

Nace como resposta a unha necesidade na nosa comunidade autónoma, ao ser escasos os recursos de atención a estas persoas e ás súas familias. Para saber máis sobre o traballo CIOR Galicia, poden consultar a seguinte ligazón, onde atoparán unha entrevista que a asociación concedeu en setembro a Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...