InicioEconomíaDeputación e concellos abren a selección de persoal para as residencias

Deputación e concellos abren a selección de persoal para as residencias

Está aberta dende este sábado a inscrición do proceso de selección pública de fisioterapeutas, ATS, psicólogos e terapeutas ocupacionais

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dende este sábado está aberto o prazo de inscrición para participar no proceso de selección pública de fisioterapeutas, ATS, psicólogos e terapeutas ocupacionais para os centros de maiores de Deputación e Concellos. Todos os interesados poden facer a súa solicitude a partires deste sábado e durante 10 días naturais. No Boletín Oficial da Provincia figura a convocatoria, as bases e o temario que se tratará neste concurso oposición, aberto a todos os cidadáns. 

Son perfís profesionais necesarios segundo a normativa Servizos Sociais para prestar o servizo público de residencias e centros de día e que na actualidade non teñen Deputación e concellos. Si contan con outros traballadores públicos tamén necesarios, como os de servizos comunitarios, mantemento ou xardinería, que se incorporarán aos centros de maiores.

Aquelas prestacións que obriga a ter normativa de Servizos Sociais e que non se poidan cubrir debido á Lei de Presuposto –pola taxa de reposición–, Deputación e concellos ofreceranas mediante contratos de servizos públicos, que non son concesións. Estes supoñen a xestión pública e directa por parte de ambas as dúas institucións e eximir aos usuarios do pago do IVE.

Deste xeito, xa están en marcha os contratos de servizos para as prestacións de formación básica e instrumental e de servizos xerais nas residencias de Trabada e Ribadeo. Son dous dos centros de maiores que poderían abrir no 2019 xunto aos de Pol, A Fonsagrada e Pedrafita do Cebreiro. Todos eles o farán mediante un modelo de xestión pública e directa dende os Concellos, que son os que teñen as competencias de servizos sociais, coa colaboración interadministrativa pública e horizontal da Deputación. Tamén se sumou a este modelo Ribas de Sil, actualmente en obras. 

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...