InicioSucesosO TSXG rebaixa a pena a un condenado por agredir sexualmente á...

O TSXG rebaixa a pena a un condenado por agredir sexualmente á filla da súa parella en Lugo porque confesou os feitos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rebaixou de once a sete anos e nove meses de cárcere a pena imposta pola Audiencia Provincial de Lugo a un condenado por agredir sexualmente, de forma continuada, á filla da súa parella desde 2013, cando a menor tiña doce anos, ata 2015.

O alto tribunal galego, do mesmo xeito que o órgano de primeira instancia, considerouno autor dun delito continuado de agresión sexual con prevalecemento sobre menor de dezaseis anos, concorrendo a atenuante de reparación do dano.

Pero, a diferenza da Audiencia Provincial, tamén apreciou a atenuante de confesión tardía. Desta forma, explica na resolución que “o exteriorizado con claridade polo recorrente ao compás do seu coñecemento da denuncia policial e a incoación do procedemento é relevante e eficaz para o esclarecemento dos feitos e a realización da xustiza”. 

+ posts

ÚLTIMAS

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro...

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...