InicioCulturaO 'Caudal Fest' 2023 racha marcas con 37.567 espectadores e un retorno...

O ‘Caudal Fest’ 2023 racha marcas con 37.567 espectadores e un retorno económico de 7,3 millóns

Tanto a organización do festival como o propio Concello comezaron xa a dar forma á sexta edición do 'Caudal Fest', que se celebrará, segundo adiantaron este mércores, os días 20 e 21 de setembro de 2024.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A quinta edición do ‘Caudal Fest’, o festival de música que congregou en Lugo durante os días 15 e 16 de setembro a “37.567 espectadores”, supuxo un “retorno económico” para a cidade de “7,3 millóns de euros”, unha cifra marca que permitiu ademais, segundo fontes municipais, a creación de “máis de 350 postos de emprego directos” e “2.000 indirectos” na devandita fin de semana.

Así o fixo público este mércores a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen destacou tamén no seu balance do evento que a ocupación hoteleira durante os días que tivo lugar o festival foi “do 100 %”, tanto na capital como en toda a comarca. “Trátase dun evento en continua progresión, cun público fiel que demostra ano tras ano as súas ganas de gozar da cidade, da cultura e da música en directo”, subliñou.

20 E 21 DE SETEMBRO DE 2024

A edición de 2023, encabezada por importantes nomes propios da escena musical española como ‘Vetusta Morla’, ‘La La Love You’, ‘Ojete Calor’ ou ‘Leiva’, non só foi a de maior impacto económico desde que a cita musical comezou a celebrarse en Lugo, en 2018, senón tamén, precisou a rexedora, a de “maior repercusión mediática, con 97 millóns de impactos a través da súa difusión nas redes sociais e os medios de comunicación”.

Tanto a organización do festival como o propio Concello comezaron xa a dar forma á sexta edición do ‘Caudal Fest’, que se celebrará, segundo adiantaron este mércores, os días “20 e 21 de setembro” de 2024.

ÚLTIMAS

“Candeas” para iluminar os 106 puntos sen luz da Muralla de Lugo

O BNG reivindicou á Xunta que "garanta" o "bo estado" da iluminación da muralla...

Polémica no pleno provincial tras abandonalo o PP antes da votación dos orzamentos

Os 12 deputados do Grupo Provincial Popular abandonaron este martes o pleno provincial na...

A Deputación de Lugo súmase á reclamación da descentralización de Medicina: “Non só para Vigo e Coruña, para Lugo tamén”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, reclamou a participación de Lugo no...

O PP de Lugo sinala informes de servizos municipais que advirten sobre contratos caducados

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, acusou ao goberno local, que dirixe...