InicioMedioambiente e PatrimonioA Xunta asumirá a meirande parte das reparacións no Camiño Francés

A Xunta asumirá a meirande parte das reparacións no Camiño Francés

O convenio da administración autonómica cos concellos desta ruta xacobea, pola que chegaron máis da metade dos peregrinos recibidos este 2018, permitirá rehabilitar de xeito urxente os treitos estragados este inverno

PUBLICADA O

- Advertisement -

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asinou hoxe 11 convenios de colaboración cos alcaldes dos concellos polos que discorre o Camiño Francés. Coa súa sinatura, o Goberno galego mobiliza un investimento de preto de 360.000 euros para levar a cabo actuacións urxentes de reparación no Camiño Francés debido aos danos causados polas choivas e os temporais dos últimos meses.

A Xunta de Galicia achegará o 77 % dos fondos necesarios para desenvolver estas accións, mentres que o restante será aportado polos concellos. Esta actuación permitirá que estea en perfectas condicións ante a tempada estival, cando se recibe maior volume de peregrinos.

«O Camiño de Santiago é unha obra en permanente mellora, un espazo vivo. Por iso, desde Turismo de Galicia acondicionamos os tramos que se van deteriorando co paso do tempo e actuamos con especial énfase cando, como neste caso, as condicións meteorolóxicas dun inverno moi duro afectan ao trazado», sinalou Nava Castro a propósito desta sinatura.

En concreto, os convenios beneficiarán aos concellos de Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso e Palas de Rei, na provincia de Lugo, e Melide, Arzúa e O Pino, na provincia da Coruña. Afóndase deste xeito no amplo compromiso de cooperación do Goberno autonómico cos concellos do itinerario xacobeo máis percorrido. O Camiño Francés, que o vindeiro outono cumprirá 25 anos desde a súa declaración como Patrimonio Mundial pola Unesco, segue a ser o favorito dos peregrinos. Dos preto de 64.000 que recibiron no que vai de ano a Compostela, o 56,6% procedía do Camiño Francés.

Reforzo ao Plan director

Nava Castro lembrou que o Estudo do impacto socieconómico do Camiño de Santiago, que realiza a Universidade de Santiago de Compostela por iniciativa da Xunta, está a amosar o altísimo nivel de satisfacción dos peregrinos, pois un 64% afirma que a experiencia foi mellor ou moito mellor do inicialmente agardado e o 98,6% recomendan facela a outras persoas.

«Estes 11 convenios de colaboración vainos axudar a manter estes niveis de satisfacción», declarou a directora de Turismo, quen lembrou que estas medidas engádense ás previstas no Plan director do Camiño de Santiago, do que xa se ten executado máis da metade.

+ posts

ÚLTIMAS

Alerta nos Ancares por unha “praga” de xabarís: os gandeiros temen o contaxio de enfermidades e esixen accións á Xunta

O Sindicato Labrego advirte dun aumento sen precedentes dos ataques, que ameaza a viabilidade das explotacións, e reclama a Medio Ambiente peches preventivos e un control sanitario estrito.

O PP acusa a Carmela López de manter “o mesmo sectarismo” que Tomé na Deputación

O grupo provincial do PP na Deputación de Lugo acusou á presidenta do organismo,...

Morre apuñalada polo seu fillo durante un brote psicótico na súa vivenda en Lugo

Unha muller faleceu no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) na madrugada deste luns despois...

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...