InicioDeportesNatxo Lezkano adianta que Ricardo Úriz "pode ser que teña algún minuto"

Natxo Lezkano adianta que Ricardo Úriz “pode ser que teña algún minuto”

O primeiro adestrador breoganista confirmou a baixa de Salva Arco, a quen van "darlle outro período de máis tempo de recuperación para que non volva ter problema"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Natxo Lezkano, primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán, compareceu en rolda de prensa previa ao partido da oitava xornada contra Unicaja Málaga no pavillón malagueño Martín Carpena este domingo a partir das 12:30 horas.

Lezkano adiantou que Ricardo Úriz, base que aínda non debutou esta temporada, “pouco a pouco vai entrando no equipo”, “vai depender das sensacións” e “pode ser que teña algún minuto”. Tamén confirmou a baixa de Salva Arco, a quen van “darlle outro período de máis tempo de recuperación para que non volva ter problema”, “parecía que estaba ben, non tiña ningún tipo de dor”, pero agora “outra vez dores, non coma ao principio, nin moito menos”. Afirmou que van “recuperando pouco a pouco xogadores” e foi semana de “reservar uns cantos”. Confirmou que Aleksandar Cvetkovic e Alec Brown só adestraron un día trala pasada quenda ligueira.

Sobre Unicaja, opinou que é “un equipazo de nivel Euroliga, aínda que non a esté a xogar”. Explicou que “xoga moi ben”, posúe “un dos mellores ataques da ACB” con “moito ritmo, moi boas porcentaxes, sabe xogar cinco contra cinco, en velocidade, situacións chegando, moi bos tiradores, poste baixo, dirección, corpo técnico de primeiro nivel e unha afección de primeiro nivel tamén, teñen todo”. Pronosticou un “partido muy complicado como é lóxico”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...