InicioDeportesAlberto Jiménez Monteagudo: "Non entendo que un equipo teña unha imaxe dentro...

Alberto Jiménez Monteagudo: “Non entendo que un equipo teña unha imaxe dentro (na casa) e outra fóra”

José Carlos Ramírez, Luis Ruiz, Giorgi Aburjania e Guille Donoso non entran na convocatoria por decisión técnica, así como Serge Leuko, Borja San Emeterio e Sergio Gil por lesión

PUBLICADA O

- Advertisement -

Alberto Jiménez Monteagudo, primeiro adestrador do Club Deportivo Lugo, compareceu en rolda de prensa previa ao partido de mañá sábado ás 16 horas no Camp Nou de Reus ante o C.F. Reus Deportiu correspondente á duodécima xornada La Liga 1|2|3.

José Carlos Ramírez, Luis Ruiz, Giorgi Aburjania e Guille Donoso non entran na convocatoria por decisión técnica, así como Serge Leuko, Borja San Emeterio e Sergio Gil por lesión.

Jiménez Monteagudo afirmou que “a Copa está moi ben, pero onde nos xogamos as fabas é na Liga”. 

Comentou que quere un equipo “intenso, que apreta ben”, así como “vivo” e “alegre” porque “a idea está por riba dos nomes”, así como “non” entende que un equipo teña “unha imaxe dentro e outra fóra”. Aclarou que “deu tempo a insistir” na súa idea durante esta semana.

A nivel individual, explicou que “Iriome está un pouco canso, pero está ben” e “hai que xogar un pouco cos cansanzos”.

Respondeu que está “moi a gusto” na cidade e no club.

Sobre o Reus Deportiu, opinou que é “un equipo cunha idea moi clara de xogo, con bastante insistencia na saída de balón dende atrás” con xogadores como Juan Domínguez, Mario Ortiz e Gus Ledes, así como subliñou ao dianteiro Miguel Linares.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo estreará prazas de estacionamento exprés xunto ás farmacias e estuda sumar seis novos taxis

O Concello de Lugo porá en marcha nos próximos meses un conxunto de medidas...

Acepta dous anos de prisión por violar a unha amiga borracha e medicada contra a ansiedade

O acusado dunha agresión sexual cometida en Lugo en xuño de 2024 aceptou este...

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...