InicioDeportesNatxo Lezkano: "UCAM Murcia é un rival moi físico, o que non...

Natxo Lezkano: “UCAM Murcia é un rival moi físico, o que non somos nós agora mesmo”

O adestrador breoganista subliñou tamén o seu "bloqueo directo" e as súas "individualidades", así como "reboteadores ofensivos excelentes"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Natxo Lezkano, adestrador de Cafés Candelas Breogán, compareceu en rolda de prensa previa antes do partido da sétima xornada contra UCAM Murcia C.B. este sábado día 3 a partir das 18 horas no Palacio de los Deportes de Murcia.

Lezkano afirmou que “Lucio Redivo tivo un golpe bastante forte no nocello”, “só dor”, pero espera que poida xogar en Murcia. No caso de Salva Arco, que reapareceu na final da Copa Galicia, “acabou onte bastante dorido”, pero entende que “forma parte do proceso” e Aleksandar Cvetkovic “ten lumbalxia bastante forte”. No caso de Emir Sulejmanovic e Alec Brown, espera que xoguen tamén en Murcia. Descartou a presenza de Tarence Kinsey por lesión. No caso de Ricardo Úriz, “vai pouco a pouco mellor, é unha mellora que está sendo moi lenta”, pero espera que “sexa constante”, “non deu pasos atrás, vai facendo algunha cousiña co grupo”. “Entendo que nas vindeiras tres semanas vai estar”, adiantou.

Reflexionou que UCAM Murcia é “un rival moi físico”. “O que non somos nós agora mesmo”, explicou. Calificou como “moi agresivos” aos murcianos, “ten tódalas posicións moi ben cubertas” e “teñen bos tiradores, non todos eles”. É un rival, segundo o adestrador de Portugalete, “moi diferente” a Monbús Obradoiro. Subliñou tamén o seu “bloqueo directo” e as súas “individualidades”, así como “reboteadores ofensivos excelentes”.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...