InicioComarca da FonsagradaNegueira de Muñiz“A Montaña Plántase”, xornada de convivencia en Negueira para frear os macroproxectos...

“A Montaña Plántase”, xornada de convivencia en Negueira para frear os macroproxectos eólicos

A xornada será o vindeiro seis de maio para mostrar o seu desacordo coa instalación de 10 proxectos de aeroxeradores nos terreos de Negueira.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Colectivos e persoas do Concello de Negueira de Muñiz están a organizar para o próximo 6 de maio unha xornada de convivencia. En dita xornada queren compartir a súa preocupación polo modelo enerxético actual e as súas inminentes consecuencias.

No marco da instalación de macroproxectos eólicos “a Negueira aféctanlle 10 proxectos con 111 aeroxeneradores que cubrirían todos os cumios que arrodean o val do Navia”, din desde a organización. Engaden que o modelo eólico en Galicia non ten en conta a poboación nin os territorios e mesmo “salta as propias leis e declaracións de protección ambiental e que facilita trámites a grandes multinacionais acentuando dinámicas de expolio territorial”.

A xornada “A Montaña Plántase” busca defender a dignidade das terras que sosteñen a gran biodiversidade do val do Navia. Para iso organizáronse diversas palestras e obradoiros alternativas e argumentos a favor doutro modelo de transición ecolóxica baseado na “reducción do consumo innecesario garantizando o básico, potenciando a produción local e o consumo de proximidade”.

Para as persoas que están a organizar a xornada “as zonas rurais non teñen por que soportar o coste dun modelo consumista e depredador que recorre ao expolio dos recursos naturais”. Por iso queren comunicar a súa mensaxe nun espazo de convivencia no que non faltará a música e o bo ambiente co que plantarse frente ao colapso ecolóxico.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...