InicioLugo e contornaA neglixencia dun particular nunha queima, orixe do incendio de Baleira

A neglixencia dun particular nunha queima, orixe do incendio de Baleira

O incendio forestal declarado en Baleira (Lugo), na parroquia de Cubilledo, foi estabilizdo esta mañá, aínda que continúa subindo o número de hectáreas afectadas, xa 1.400.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A neglixencia dun particular durante unha queima provocou o primeiro gran incendio que rexistra a comunidade galega este ano e que queimou arredor de 1.400 hectáreas tras iniciarse na parroquia de Cubilledo, en Baleira. En declaracións a Europa Press, o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, indica que “parece” que foi esta a causa e de feito confirma que o autor foi identificado.

Recoñecendo que é “innegable” que hai unha nova tipoloxía de lumes, máis virulentos e vinculados co cambio climático, o alto cargo precisa que o de Baleira non ten “nada de anómalo”, e “desgraciadamente” é un incendio “clásico, convencional” que “o que é é perigoso”, pola velocidade con que avanzaron as chamas, debido ao vento.

Coa vista posta na Semana Santa, o director xeral apunta que o habitual é, como se fixo, un “reforzo” das gardas, nas quendas dos profesionais do dispositivo contra incendios. Así, refórzanse as quendas de noite e prolónganse as xornadas, segundo sinala. “É unha práctica habitual”, aclara.

Segundo informou a Consellería de Medio Rural en redes sociais, o lume foi estabilizado ao mediodía deste xoves. Previamente, desactivouse a situación 2 de alerta ao remitir o perigo por proximidade aos núcleos de poboación

No operativo de extinción traballan cinco técnicos, 32 axentes, 49 brigadas, 29 motobombas, tres pas, unha unidade técnica de apoio, dous avións e tres helicópteros.

O lume no Concello de  Taboada, na parroquia de Xián, deuse por controlado esta mañá, cunha afectación de oito hectáreas.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...