InicioComarca da FonsagradaBaleiraA Xunta espera que durante este xoves se poida controlar o incendio...

A Xunta espera que durante este xoves se poida controlar o incendio de Baleira

O conselleiro de Medio Rural, José González, lembrou que existe unha investigación aberta para esclarecer a orixe e as causas do lume.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta confía en que “ao longo” deste xoves poida darse por controlado o incendio que desde o martes queimou, polo momento, 1.400 hectáreas no municipio lugués de Baleira. O titular de Medio Rural, José González, sinalou en declaracións aos medios en Ribadumia que o lume está estabilizado desde a manaña deste xoves.

Segundo o conselleiro, “non hai chamas nin no perímetro nin no interior” da zona queimada polo incendio desatado en Cubilledo e que ameazou varios núcleos de poboación cuxos veciños tiveron que ser desaloxados pero que xa puideron regresar aos seus fogares.

Así pois, a Xunta mantén o lume coa condición de estabilizado como mecanismo de precaución, xa que, segundo González, isto “permite manter os medios” na zona dispostos para actuar se é necesario.

A atención continúa posta no vento, que provocou o rápido avance das chamas desde a súa declaración e que condicionou o traballo dos equipos de extinción, aos que non puideron sumarse durante o mércores os medios árevos por culpa dos fortes refachos de vento cambiante que existían en Baleira.

“Con este vento hai que estar moi atento”, remarcou González, que subliñou que “o importante” é que “xa non hai ningún perigo para as aldeas” e que “non hai chamas nin no perímetro nin no interior”. En canto á orixe, o conselleiro confirmou que, en “un día complicado” polo vento, debeuse a unha neglixencia cometida na realización dunha queima forestal, que foron prohibidas pola Xunta desde o mércores. Tras sinalar que existe unha investigación aberta para esclarecer a orixe e as causas do lume, apelou á prudencia ante a posibilidade de que se produzan novos incendios.

Por moito que traslademos e por mucoh traballo, siempore haberá quen diga que hai que facer máis prevención. Eu defendo a prevención desde o punto de vista das rozas, as queimas controladas, pero, por encima de todo, (o importante) é a xestión do territorio. É o que promovemos (a Xunta), con actividade agrogandeira”, apuntou.

EXTINGUIDO O INCENDIO DE TABOADA

Por outra banda, a Consellería do Medio Rural informou que o incendio que desde o mércores afectaba á parroquia de Xián, en Taboada, foi extinguido tras calcinar 8 hectáreas.

Ademais do lume de Baleira que se atopa estabilizado, a provincia de Lugo suma outros dous incendios. O de Viveiro –orixinado na parroquia de Vieiro– está estabilizado desde as 22,44 horas deste mércores, cunha afectación estimada de 80 hectárea. En Alfoz está estabilizado tamén o xurdido na parroquia de Lagoa, con 90 hectáreas queimadas.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...