InicioLugo e contornaLugoRecuperan un cadáver no río Miño no seu paso por Lugo

Recuperan un cadáver no río Miño no seu paso por Lugo

A Policía Nacional foi avisada sobre as 21:00 da noite deste pasado martes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os Bombeiros de Lugo recuperaron este martes pola noite un cadáver en avanzado estado de descomposición en augas do río Miño, segundo a información confirmada a EFE polo Corpo Nacional de Policía. A Comisaría Provincial de Lugo foi alertada poucos minutos antes das 21 horas, por parte dun particular, do achado do que parecía un cadáver en augas do río Miño, na parroquia de Conturiz.

Ata o lugar desprazouse de inmediato unha patrulla da Policía Nacional, cuxos axentes comprobaron que era imposible acceder a pé ata o lugar no que se achaba o corpo.

Finalmente, presentáronse os Bombeiros de Lugo, quen, con axuda dunha embarcación, lograron achegarse ata o lugar no que estaba o cadáver e recuperar o corpo, que estaba en avanzado estado descomposición.

Por mor do seu estado, foi imposible identificar á persoa falecida, polo que o cadáver foi trasladado ao HULA, onde se lle realizará a autopsia para determinar as causas da morte. Ao mesmo tempo, iniciouse unha investigación para identificar á persoa falecida.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...