InicioDeportesUn inicio negativo lastra a Cafés Candelas Breogán (92-76)

Un inicio negativo lastra a Cafés Candelas Breogán (92-76)

Lucio Redivo e Jerome Jordan foros os breoganistas máis entonados con 17 e 13 puntos, respectivamente

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán perdeu na súa visita ao San Pablo Burgos (92-76) onde foi claramente inferior dende o comezo. Só gozou dunha leve vantaxe nos primeiros intres (3-4) despois dun mate de Jerome Jordan. O equipo adestrado por Diego Epifanio asinou aí un parcial de 6-0. Despois dunha tripla de Lucio Redivo, os burgaleses realizaron un parcial de 10-0 (19-9) despois dunha canastra de Deon Thompson. Cun 26-14 rematou o primeiro parcial con 11 puntos dun imperial Branden Frazier. 

No segundo cuarto, mesmo denominador común. O Breogán non atopaba fluidez na circulación de balón, non se apoderaba da pintura e non atopaba eficacia nas triplas. Só Lucio Redivo acaparaba o protagonismo con 10 puntos ao descanso tras unha asistencia de Sergi Vidal de canastra a canastra ao límite do ecuador. Con 47-34 chegábamos ao descanso. 

Cinco puntos consecutivos de Lucio Redivo deron vida ao Breogán no comezo do terceiro cuarto (50-41). Así a todo, Burgos volveu impoñer a súa superioridade hoxe na circulación, ritmo, poderío na pintura e capacidade exterior. Cunha canastra ao contragolpe de Deon Thompson, Burgos colocaba a súa maior diferenza favorable (66-49). Os lucenses, incluso, amosábanse erráticos dende o tiro libre. 

O Breogán amagou coa reacción e colocouse dez abaixo (79-69) despois dunha canastra de Jöhan Lofberg, pero sete puntos consecutivos de Burgos entre Deon Thompson e Vlatko Cancar dinamitaron o partido (86-69). Cun intercambio de canastras rematou o encontro (92-76). 

Lucio Redivo e Jerome Jordan foros os breoganistas máis entonados con 17 e 13 puntos, respectivamente.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...