InicioEconomíaO PSdeG sobre os orzamentos da Xunta en Lugo: “Prometen todos os...

O PSdeG sobre os orzamentos da Xunta en Lugo: “Prometen todos os anos o que está sen facer”

PUBLICADA O

- Advertisement -

“Hai que ter cara para falar de orzamento en Lugo cando volven a prometer o de todos os anos e está sen facer”. Esta foi a resposta que deu o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, tras ser preguntado polos Orzamentos da Xunta para o 2019. “Hai ser cara dura para falar de investimentos en Lugo cando non hai nin un só euro para proxectos como a intermodal, o Centro da Romanización en San Fernando, a Rolda Leste… Onde está no presuposto a residencia da terceira idade para Lugo?”, engadiu.

Así, lembrou que os 2,1 millóns de euros para o equipamento do auditorio “xa eran de todos os lucenses” e non da Xunta porque se deron para eximilos do pago do HULA e outros 4 centros públicos de titularidade autonómica. “Perdoámoslle ata 3,6 millóns e faltan outros 1,5 millóns. Nin nos devolven o que é noso”, destacou.

Ademais, lembrou que as dúas últimas accións administrativas da Xunta en Lugo foi para anular o procedemento para poder ter no barrio da Residencia un centro para emprendedores, un de formación e emprego e outro de biomasa. “Quitounos liñas de transporte, médicos, profesores, servizos sanitarios dos nosos hospitais comarcais”, criticou.

Fronte esa situación puxo como exemplo o traballo do PSdeG na provincia de Lugo “priorizando a aprobación do Orzamento da Deputación”. “Conseguimos que a Deputación sexa o motor económico e social da provincia, pois os nosos veciños non reciben os fondos que lles corresponden por xustiza social por parte do PP na Xunta de Galicia”, aclarou.

Neste sentido, lembrou que se investiron máis de 100 millóns na execución de numerosas obras nos 67. “Máis de 1.000 quilómetros en aglomerado son feitos. Investimos máis de 25 millóns en emprego, ofrecendo uns 1.500 postos de traballo aos nosos veciños, que estaban no paro e hoxe non”, concluíu.

ÚLTIMAS

Un detido en Lugo por unha suposta agresión sexual a unha menor durante a Noitevella

Un home de 24 anos foi detido en Lugo por participar nunha suposta agresión...

Reabre o viaduto do Castro dous anos e medio despois do derrube

Galicia e Castela e León volven estar unidas pola A-6 dous anos e medio...

Detida unha parella na Ronda das Fontiñas por agredir aos policías que os identificaron tras un accidente

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home e unha muller como presuntos autores...

Luz verde aos 22 millóns de euros do Plan Deputación 2025

O Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres, no seu Pleno ordinario, as bases...