InicioSucesosA liberación dun violador fai que a Federación Veciñal de Lugo pida...

A liberación dun violador fai que a Federación Veciñal de Lugo pida reforzar a seguridade en Augas Férreas

O presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez, defendeu que deben adoptarse "unas certas medidas de precaución" na zona onde se cometeron as agresións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo demandou que se reforce a presenza policial en Augas Férreas ante a posta en liberdade dun violador condenado por varias agresións sexuais cometidas na zona.

Este home, condenado por unha agresión sexual consumada e outra en grao de tentativa a seis anos e medio de prisión, saíu de prisión o pasado martes tras serlle concedida unha rebaixa da pena en dous anos en aplicación da lei do ‘só si é si’.

Este mércores, o presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez, defendeu que deben adoptarse “unas certas medidas de precaución” na zona onde se cometeron as agresións.

Para Vázquez, a súa posta en liberdade “crea alarma social”. “Eu imaxínome vivir nesa zona, coñecelo, estar perto da súa contorna… creo que a alarma social está máis que xustificada”, incidiu.

Iso ten que xerar inquietude visto os antecedentes desta persoa ou doutras que cometesen delitos similares“, subliñou.

VÍTIMA “ROTA” POLA LIBERACIÓN DO VIOLADOR

Unha vítima do ‘violador de Augas Férreas’ está “rota, indignada e preocupada” pola excarceración do seu agresor, tras a revisión de condena levada a cabo coa entrada en vigor da Lei do só si é si. A moza tivo coñecemento da excarceración do seu agresor o luns, día 13 de febreiro, por unha chamada de Institucións Penais e outra da Policía, que a puxeron en coñecemento da situación, segundo confirmou a Europa Press o seu avogado Gonzalo Díaz Rodríguez.

“Ela tiña 18 anos cando lle pasou isto e está moi afectada, non quere falar con ninguén porque todo aquilo foi moi doloroso; chegou a pensar que non saía viva de alí“, explicou o avogado quen expresou o seu malestar coa Lei que permitiu a revisión da condena.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...