InicioSucesosFalece o condutor dun vehículo que envorcou en Baleira

Falece o condutor dun vehículo que envorcou en Baleira

O turismo circulaba pola entrada do polígono de Baleira cando saíu da vía e acabou envorcando contra un valado, deixando un ocupante morto e outro ferido

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home faleceu despois de envorcar o vehículo que conducía ao saír da vía e envorcar no termo municipal de Baleira.

O accidente ocorreu cando o turismo circulaba pola entrada do polígono, pasadas as 02.00 horas da madrugada do mércores. Segundo a información da Axencia Galega de Emerxencias, o vehículo saíu da estrada e rematou envorcando contra un valado.

Como consecuencia, o condutor faleceu e o segundo ocupante resultou ferido, quedando ambos atrapados no interior, como indicaron os servizos sanitarios á súa chegada. Por iso, os xestores do 112 Galicia deron aviso aos Bombeiros de Sarria, amais de informar aos axentes da Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Xa no lugar, os Bombeiros comunicaron aos coordinadores de emerxencias que precisaron atravesar a cristaleira dianteira do turismo para evacuar á persoa falecida.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...