InicioPolíticaO PSdeG de Lugo evita valorar a proposta de primarias de Gonzalo...

O PSdeG de Lugo evita valorar a proposta de primarias de Gonzalo Caballero

Os socialistas lucenses amosan indiferenza co calendario de primarias que mestura a escolla do secretario xeral coa dos candidatos para as municipais

PUBLICADA O

- Advertisement -

A proposta de Gonzalo Caballero para o sistema de primarias pillou por sorpresa a baróns territoriais e líderes locais do PSdeG. O acordo da executiva galega, que aínda debe obter o prace de Ferraz, implica a elección simultánea (o 18 de novembro) do candidato á Xunta e dos cabezas de cartel para os comicios municipais. Fontes do partido consultadas por GaliciaConfidencial consideran que a manobra procura deturpar o proceso de debate interno. Mais, publicamente, os comentarios foron de indiferencia.

En Lugo, a liña oficial é que a formación traballa pensando unicamente nas eleccións de maio. “Imos centrarnos nas municipais, que son as eleccións que están á vista e teñen data. O Partido Socialista da provincia de Lugo ten a cabeza posta nas municipais”, recalcou o secretario xeral na provincia, Álvaro Santos. O asemade deputado de Relacións Institucionais asegurou que non corresponde á organización provincial contravir o fixado polo máximo órgano do partido.

De igual xeito, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, comentou que traballarán “para sacar o mellor resultado e seguir traballando no noso modelo de cidade”. Segundo a rexedora, “o Partido Socialista é un partido municipalista por excelencia”, aínda que indicou que un bo resultado na cidade pode ser clave de cara á loita pola Xunta de Galicia.

Méndez aseverou que a coincidencia das primarias “é decisión da dirección”, polo que non ten “nada que dicir”. Tampouco quixo valorar se existe a posibilidade de que concorra máis dun candidato para as autonómicas.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...

O Club de Loita Lugo recibe 10.000 euros da Xunta para reforzar equipamentos

A Xunta achegou 10.000 euros ao Club de Loita Lugo para adquirir unha furgoneta,...