InicioSociedadeProrrogado o convenio para o traslado de pacientes a centros de hemodiálise...

Prorrogado o convenio para o traslado de pacientes a centros de hemodiálise da provincia

A Asociación de Enfermos de Ril traslada unha media de 158 pacientes mensuais

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consello da Xunta autorizou esta semana o segundo acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Enfermos de Ril (Alcer), asinado en 2020, para o traslado de pacientes a centros de hemodiálise da provincia de Lugo.

O propósito do convenio, que se prorroga ata o 14 de decembro de 2023, é simplificar as prestacións por desprazamento das persoas desta provincia afectadas por insuficiencia renal crónica, que reciben tratamento de hemodiálisis. O importe anual é de 672.880 euros.

O labor de Alcer é mellorar as condicións de vida do colectivo de enfermos de ril. Entre outras actividades, encárgase da xestión do traslado dos pacientes aos centros sanitarios onde deben recibir hemodiálisis. O servizo traslada unha media mensual de 158 pacientes e realiza 56 rutas e unha media de 76.000 quilómetros cada 30 días.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...

O BNG apoiará a mobilización de usuarios nas residencias das Gándaras, en Lugo

A concelleira do BNG no Concello de Lugo Cristina López sumouse á nova mobilización...