InicioPolíticaAna Pontón insta a "sumar" ao redor do BNG para "darlle un...

Ana Pontón insta a “sumar” ao redor do BNG para “darlle un futuro mellor” a Lugo e a Galicia

Participa no acto de homenaxe do Bloque en Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou a “sumar” ao redor da formación para “darlle un futuro mellor” a Lugo e a Galicia no acto de homenaxe que tivo lugar na cidade para todos os concelleiros e concelleiras das sucesivas corporacións locais.

“É necesario sumar forzas ao redor dun BNG que demostra cada día ser a opción sólida, leal e construtiva para cambiar Lugo e para cambiar Galicia”, afirmou, tras o que agradeceu o “compromiso e traballo” dos homenaxeados. Pontón destacou ademais a “capacidade transformadora do BNG en Lugo da man de Rubén Arroxo”, que volve ser cabeza de lista para as próximas municipais.

Estamos nun municipio que mellorou a vida das persoas, no que é máis fácil camiñar, no que se gañaron espazos públicos para o goce da xente, no que se desenvolveu un proceso de humanización que Rubén continuará desde a Alcaldía de Lugo a partir das próximas eleccións”, vaticinou a portavoz.

Neste sentido, destacou ademais que os próximos comicios son “unha gran oportunidade para continuar o camiño andado e desenvolver o proxecto do Bloque con máis amplitude, para o ben das persoas que viven e traballan en Lugo, xerando novas oportunidades de futuro no económico, o social e o cultural”. “Os municipios do BNG son o mellor espello, a mellor carta de presentación de que estamos preparados para liderar Galicia. A todos e a todas grazas polo voso traballo”, continuou.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...