InicioDeportesO C.B. Breogán non pode contra o físico e a defensa de...

O C.B. Breogán non pode contra o físico e a defensa de Gran Canaria (96-72)

Os pívots Jerome Jordan e Volodymyr Gerun foron os mellores breoganistas con 18 e 15 puntos, respectivamente

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán perdeu contra Herbalife Gran Canaria (96-72) na terceira xornada da Liga Endesa. Os breoganistas competiron no primeiro cuarto ata ter unha vantaxe de 12-13 cuns activísimos Sergi Vidal e Volodymyr Gerun, ademáis de aportacións de Tarence Kinsey e Emir Sulejmanovic, pero a partir de mediado o primeiro cuarto, Gran Canaria foi netamente superior mediante presión alta, físico e calidade. Os grancanarios xa vencían por 10 puntos ao remate do primeiro cuarto (27-17) e por 14 puntos ao descanso (55-41).

O Breogán fixo un amago de reacción ata colocarse a 10 puntos no terceiro cuarto cun magnífico Jerome Jordan, que rematou con 18 puntos e sendo moi eficaz no poste baixo e dende a liña de tiros libres, onde anotou 8 de 9 intentos.

No treito final, Johan Löfberg, con 7 puntos, tentou maquillar o resultado.

O Breogán xa pensa na cuarta xornada de Liga Endesa contra Movistar Estudiantes o vindeiro sábado 13 de outubro a partir das 20:30 horas no Pazo dos Deportes de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...