InicioPolíticaTomé: "Espero que a Xunta non traizoe á Ulloa como xa traizoou...

Tomé: “Espero que a Xunta non traizoe á Ulloa como xa traizoou á Mariña”

O presidente da Deputación de Lugo, disposto a volver aspirar á Alcaldía de Monforte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo e rexedor de Monforte, o socialista José Tomé, manifestou as súas intencións de presentarse á reelección á Alcaldía do concello monfortino nas municipais do próximo ano.

O tamén secretario provincial do PSOE lugués sinalou este venres que será o candidato se “os veciños perciben unha boa xestión e se os compañeiros queren”. Tomé, que exerceu como tenente de alcalde do 2011 ao 2015 e como alcalde desde ese ano, puntualizou que “hai que seguir adiante co proxecto de modernizar o concello, sobre todo agora que está a revivir industrialmente”.

En canto á súa posible continuidade á fronte da Deputación de Lugo, Tomé confesou que esa decisión corresponde a “os compañeiros e órganos do partido os que teñen que tomar a decisión no seu momento”. “Agora tócanos gañar alcaldías, sacar o mellor resultado posible. Se despois os compañeiros valoran que o traballo que fixen estes catro anos merece a pena, eu estarei a disposición do partido”, aseverou.

CRÍTICAS Á XUNTA

Ademais, o presidente da Deputación de Lugo aproveitou para afear o papel da Xunta co veto da Unión Europea á pesca de fondo, ao que acusou de inacción. “Nin sequera foron a Bruxelas a interesarse por este asunto”, dixo.

Neste contexto, Tomé subliñou que a situación da pesca lémbralle a Alcoa. “Utilizárona sempre politicamente cando non era competencia súa, e todo aquilo que era competencia súa, como Vestas en Viveiro, á Xunta non está nin lla espera”, engadiu.

Ao fío disto, tamén acusou á Xunta de “traizoar” á comarca da Mariña “e xa non só pola crise industrial”, senón por Altri, a multinacional portuguesa de fibras téxtiles que elixiu Palas de Rei como posible emprazamento dunha fábrica que, segundo Tomé, “comprometeuse a que ía estar en Cervo”.

José Tomé sinalou que “o único” que espera é que agora non “se traizoe á Ulloa”. “Non vaia a ser que primeiro foi a Mariña e agora A Ulloa porque hai moitas incógnitas sobre esa implantación. Espero que sexa unha realidade pero polas noticias que chegan non está confirmado. Espero que non sexa outra broma da Xunta de Galicia”, aseverou.

ÚLTIMAS

Ingresa en prisión un vilalbés acusado de malos tratos que se cambiou de xénero no rexistro para eludir a pena

Un vilalbés con varias causas por malos tratos e que cambiou de xénero no...

Comezan as obras de desdobre do último tramo da avenida Infanta Elena en Lugo

As obras que completarán o desdobre e humanización dos 2,7 quilómetros da Avenida Infanta...

Tomé e Castro presentan o número máximo de avais para dirixir o PSOE provincial

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o edil de Paradela Iván Castro presentaron...

Condenados 8 ultras participantes nunha pelexa na previa do Lugo-Ponferradina de 2023

O Xulgado de Instrución nº1 de Lugo condenou este luns aos oito ultras investigados pola súa...