InicioSociedadeO alcalde de Friol xustifica a recompensa por dar co octoxenario desaparecido:...

O alcalde de Friol xustifica a recompensa por dar co octoxenario desaparecido: “A idea é meter na busca xente nova ou profesional”

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, xustificou a recompensa de seis mil euros a quen dea co paradoiro de José Luís Igrexas, o octoxenario do que non se sabe nada desde o pasado catro de setembro e que reside na parroquia de Carballo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, xustificou a recompensa de seis mil euros a quen dea co paradoiro de José Luís Iglesias, o octoxenario do que non se sabe nada desde o pasado catro de setembro e que reside na parroquia de Carballo.

Santos precisou que isto “supón dalgunha maneira activar o operativo de forma distinta para darlle outra perspectiva con esta recompensa económica, metendo savia nova, incluso incorporando a xente profesional que está especializada nestes casos”.

“Despois de máis de dúas semana de intensa procura sen atopar pistas, nin indicios, para a familia é moi duro e triste. Desde o Concello só nos queda apoiar á familia”, sentenciou. Non dubida que “nestes momentos a sorte é un factor importante” para dar con José Luís Iglesias, que foi visto por última vez na parroquia de Condes por un transportista.

De momento non se produciu ningunha chamada, aínda que o alcalde de Friol incidiu en que “a idea é meter savia nova, e meter xente con novos ollos que vexan o que nós igual non vimos ata agora”.

Ademais, a partir deste momento, acoutarase “o radio de acción” no rastrexo, que se foi “ampliando, pero si que é certo que o temos que acoutar porque si non hai novas pistas, as estatísticas dinnos que, nestes casos, adoita estar preto de onde foi a última vez que se lle viu”.

A recompensa de seis mil euros asúmena tanto o concello de Friol como os fillos de José Luís Iglesias.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...