InicioDeportesSuspendido o partido C.B. Breogán - Joventut

Suspendido o partido C.B. Breogán – Joventut

O encontro cancelouse por mor de problemas para a visualización do marcador, reloxo e posesión de 24 segundos

PUBLICADA O

O partido Cafés Candelas Breogán – Divina Seguros Joventut da primeira xornada da Liga Endesa suspendeuse por mor de problemas para a visualización do marcador, reloxo e posesión de 24 segundos.
“Pido desculpas á afección, ao Joventut, a Movistar, á Liga Endesa e a tódolos estamentos”, afirmou Suso Lázare, presidente do Breogán. Afirmou que deberán “buscar unha data que tente beneficiar a todos e que cause o menor prexuízo”. “A primeira responsabilidade é nosa e hai que asumila”, recoñeceu. “Tivemos un par de partidos de proba e todo funcionaba ben. Seguramente, mañá saberemos cal é a causa real. O que sí vos podo decir é que o videomarcador funcionaba”.
+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...