InicioDeportesEmpate dun Lugo só superior ao comezo (1-1)

Empate dun Lugo só superior ao comezo (1-1)

Un golazo de Carlos Pita antecedeu ao golazo tamén de Fran Gámez antes do descanso. Os lucenses suman oito puntos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo sumou un punto despois de empatar fronte o R.C.D. Mallorca (1-1) nun partido no que foi moi superior ao comezo, pero dende aí o encontro foi perdendo o ritmo e o Mallorca foi mellorando e dominando progresivamente.

Ao pouco de comezar, Carlos Pita abriu un balón cara Serge Leuko, que centra e desvía a defensa mallorquina. No minuto 4, combinación entre Pita e Cristian Herrera, que Pita finaliza a gol cun disparo seco e axustado dende fóra do área para marcar o 1-0. Segundo gol do mediocentro en dúas xornadas. Apenas dous minutos despois, Miguel Vieira perde un duelo aéreo e “Josete” Malagón crúzase ante Lago Júnior, que conducía cara a portería de Juan Carlos Martín. Ao cuarto de hora, centro perigoso do extremo dereito visitante Aridai. No ecuador da primeira metade, o mediocentro do Mallorca Salva Sevilla disparou alto despois dun saque de esquina. Reaccionou o Lugo cun contragolpe de Cristian Herrera, que supera a un rival, centra e Jean Marie Dongou puido marcar o 2-0, mais o seu golpeo foi excesivamente cruzado. No minuto 37, Serge Leuko, profundo e sen sofrer defensivamente, foi cambiado por previsible rotura do tendón de Aquiles da dúa perna dereita. No minuto 38, Herrera foi novamente protagonista cun golpeo que desvía a zaga visitante a saque de esquina. En cambio, Aridai puido marcar o 1-1 cunha falta directa ao longueiro dende a banda esquerda. Un par de minutos despois, o 1-1 cun golazo do lateral dereito visitante Fran Gámez, que recolle un balón, recorta cara a esquerda e golpea coa súa perna zurda, a menos hábil, ao segundo pau. Así chegaba o descanso.

Na segunda parte, comezou mellor o Mallorca. Así, Salva Sevilla disparou ao poste nun disparo moi similar ao do gol de Carlos Pita e dende a mesma zona. O lateral esquerdo Salva Ruiz produciu moito neste treito da segunda metade, ata ser cambiado por lesión no minuto 80. No minuto 63, paradón de Juan Carlos Martín a disparo de Salva Sevilla nunha falta directa. Cinco minutos despois, centro perigoso de Salva Ruiz e o seu homólogo local Vasyl Kravets despexou a saque de esquina en boca de gol. José Carlos Lazo, que entrou no minuto 61, creou perigo nas dúas opcións que tivo dende a banda, no minuto 74 e 75. Dende aí ao final, pouca profundidade de ámbolos dous equipos. Un centro de Fran Gámez no minuto 78 ao que non chega Merveil Ndockyt.

 

ÚLTIMAS

Luz verde aos 22 millóns de euros do Plan Deputación 2025

O Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres, no seu Pleno ordinario, as bases...

Deteñen a unha muller de 71 anos por introducir droga no cárcere de Monterroso

A Garda Civil de Lugo detivo a unha muller de 71 anos acusada dun delito de tráfico de...

A Policía Local de Lugo identifica a dous mozos facendo pintadas e a outro que esnaquizaba coches a fartar

A Policía Local de Lugo identificou a dous mozos sorprendidos mentres realizaban pintadas na mañá de...

Lugo realiza case 900 rexistros de rede de sumidoiros para controlar as pragas urbanas

O Concello de Lugo levou a cabo un total de 870 rexistros de rede de sumidoiros en nove...