InicioEconomíaA Xunta destina 4 millóns para o Campus Terra, que acredita a...

A Xunta destina 4 millóns para o Campus Terra, que acredita a súa especialización

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou este martes que o seu goberno destinará 4 millóns de euros para o Campus Terra, no marco de actuacións para a acreditación que se recollía como “Campus de Especialización”.

Ás portas do vicerreitorado en Lugo, Rueda avanzaba que o vindeiro xoves, no Consello da Xunta, se abordará un convenio coa Universidade de Santiago para seguir potenciando este campus, que é o segundo campus de especialización que existe en Galicia despois de Ferrol. O presidente galego subliñou que se trata de “pór en conexión a universidade coa sociedade e coas empresas, unha especie de transferencia de coñecemento”.

Alfonso Rueda incidiu en que se persegue “ese intercambio entre universidade e sociedade e que a universidade se adapte á contorna na que está”. “Facer un campus Terra que é un campus especializado no sector primario, en todo o que ten que ver coa alimentación cos potenciais que ten Lugo nese sentido”, comprometeuse.

“GRAN RETO DE FUTURO”

Pola súa banda, o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, destacou que se trata “dun recoñecemento do que é hoxe o Campus Terra”. A partir de agora, dixo, “exponse un gran reto para o futuro deste campus, porque ante este recoñecemento está unha proposta de actividades que hai que desenvolver no próximos catro anos co obxectivo de mellorar, sobre todo esa conexión co sector primario ou co mantemento sustentable de recursos naturais”.

“É unha peza estratéxica, tanto desde a docencia, desde a investigación como desde a conexión do coñecemento da universidade co sector empresarial e tamén ten unha conexión coa ordenación do territorio e iso é o que facemos, recoñecer o que temos agora e empeñarnos en que temos que melloralo”, resumiu finalmente López.

Na entrega da acreditación participaban tamén a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o presidente da Deputación, José Tomé, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, entre outras autoridades locais e galegas.

ÚLTIMAS

Scania busca persoal para o taller que abrirá no Polígono das Gándaras

Scania chega ao Polígono As Gándaras, lugar no que poñerá en marcha un novo...

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...