InicioSociedadeSoben os hospitalizados e os casos Covid na provincia de Lugo

Soben os hospitalizados e os casos Covid na provincia de Lugo

O número total de casos activos é de 1.252.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As persoas hospitalizadas pola Covid-19 volven superar os 500 en Galicia ao aumentar a 517, que implican 20 máis que no inicio desta semana, mentres que os casos activos descenden por segunda xornada consecutiva ata os 10.420, que supoñen 86 menos, tras detectarse 919 novos contaxios. En canto á taxa de positividade, descende a un 32,6 por cento no conxunto de Galicia.

Segundo os datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do luns, recollidos por Europa Press, aumentan a 15 os pacientes en UCI pola Covid-19 en Galicia –un máis– e a 502 os hospitalizados noutras unidades –19 máis–, mentres que 9.903 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana, o martes 14 de xuño, había 430 ingresados, 15 deles en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria incrementase na de Lugo, con dous pacientes hospitalizados pola Covid en UCI –un máis– e soben a 62 os ingresados noutras unidades por este coronavirus –dous máis–.

CASOS EN ASCENSO

Por segunda xornada consecutiva os casos activos de Covid-19 descenden ata situarse nos 10.420, que implican 86 menos, ao haber máis altas (1.001) que contaxios (919), ao que se suman catro falecementos. O martes 14 de xuño había 8.976 infeccións activas. Por áreas, os casos soben en Lugo (+35), co que o número total de casos activos é de 1.252.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...