InicioSociedadeBaixan os casos covid na provincia pero soben os hospitalizados

Baixan os casos covid na provincia pero soben os hospitalizados

En Lugo hai pouco máis de 1.200 contaxiados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os pacientes hospitalizados pola Covid-19 aumentan a 497 no conxunto de Galicia, que supoñen 44 máis desde o sábado –o domingo a Xunta non actualiza datos–, mentres que os casos activos frean a tendencia ascendente e baixan a 10.506, que implican 689 menos, tras comezar esta semana con 553 novos casos abertos deste coronavirus nas últimas 24 horas. Pola súa banda, a taxa de positividade baixa lixeiramente a un 43,8 por cento.

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do domingo, recollidos por Europa Press, descenden a 14 os pacientes en UCI pola Covid-19 en Galicia –un menos–, pero aumentan desde o sábado a 483 os hospitalizados noutras unidades –45 máis–, mentres que 10.009 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana, o luns 13 de xuño, había 449 ingresados, 15 deles en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas sete. Así, na de Lugo hai un paciente ingresado en UCI pola Covid-19 –sen cambios os casos desde o sábado– e rexistran 60 noutras unidades –cinco máis en cada unha–.

MENOS CASOS ACTIVOS

Os casos activos de Covid-19 descenden tras cinco xornadas consecutivas en aumento e sitúanse nos 10.506 en Galicia, que supoñen 689, ao haber máis altas (1.983) que contaxios (1.294). O luns anterior, 13 de xuño, había 8.853 infeccións activas. O descenso é xeneralizado nas sete áreas sanitarias galegas, co a de Lugo con 32 casos menos e sumando 1.217 casos.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...