Home Lugo e contorna Lugo Localizan ao mozo que ocultou un carriño da limpeza dun empregado municipal en Lugo

Localizan ao mozo que ocultou un carriño da limpeza dun empregado municipal en Lugo

0
Localizan ao mozo que ocultou un carriño da limpeza dun empregado municipal en Lugo
Efectivos da Policía Local / CLM24

Axentes da Policía Local de Lugo localizaron a un mozo que levou e ocultou o carriño da limpeza dun empregado municipal do servizo. O mozo alegou que tiña que limpar toda a cidade.

Segundo relatou a Policía Local, durante a tarde do pasado luns unha patrulla de Policía de Barrio foi requirida por un empregado da empresa de limpeza, que manifestou que un mozo se levou o carriño que empregaba para limpar na Praza de Santo Domingo e ofreceu unha descrición do mozo.

O carriño foi localizado aos poucos minutos nunha zona próxima, oculto tras un colector. As mesmas fontes indicaron que o empregado entendeu que era unha “canallada” e non presentou denuncia.

Os axentes mobilizados continuaron coa procura do novo, que foi localizado máis tarde na rúa Raíña. Recoñeceu os feitos e manifestou, destacou a Policía Local, “que era o encargado da limpeza de Lugo e que tiña que limpar toda a cidade”.

Tras iso, a Policía Local puxo os feitos en coñecemento dos Servizos Sociais para que leve a cabo “unha valoración de se o mozo necesita algún tipo de asistencia”.

+ posts