InicioSociedadeAumentan as hospitalizacións en Lugo, con 967 casos activos de Covid

Aumentan as hospitalizacións en Lugo, con 967 casos activos de Covid

Continúan dúas persoas ingresadas na UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia supera de novo os 9.000 casos activos de Covid-19 ao rexistrar 9.342, que implican 366 máis que a xornada anterior, tras detectarse outros 1.198 contaxios; mentres que as persoas hospitalizadas descenden a 424, que supoñen seis menos. As vítimas da pandemia aumentan a 3.546, ao sumar dúas máis, entre elas un home de 41 anos con patoloxías previas falecido na área de Vigo.

Segundo os datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do martes, recollidos por Europa Press, segue 15 pacientes en UCI pola Covid-19 en Galicia e descenden a 409 os hospitalizados noutras unidades –seis menos–, mentres que 8.918 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana, o mércores 8 de xuño, había 441 ingresados, 20 deles en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en catro das sete: Ourense, Vigo, Santiago-Barbanza e Ferrol; mentres que se mantén na da Coruña e Cee; e aumenta lixeiramente nas outras dúas: Lugo e Pontevedra-O Salnés. Así, na de Lugo continúan dous ingresados pola Covid en UCI e aumentan a 48 os doutras unidades –seis máis–.

CASOS ACTIVOS EN AUMENTO

Os casos activos de Covid-19 seguen en ascenso por segunda xornada consecutiva no conxunto de Galicia, e sitúanse nos 9.342, que implican 366 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios, 1.198, que altas (831), ao que se engaden varios falecementos. O mércores anterior, 8 de xuño, había 8.263 infeccións activas.

O ascenso é xeneralizado nas sete áreas sanitarias galegas, coa de da Coruña e Cee con maior incremento (+151), seguida da de Vigo (+73), Pontevedra e O Salnés (+61), Lugo (+38), Santiago e Barbanza (+16), Ferrol (+15) e Ourense (+11). Deste xeito, a área de Vigo continúa con máis casos activos, con 2.006; seguida da da Coruña e Cee, con 12.005; Santiago e Barbanza, con 1.544; Ourense, con 1.272 e Pontevedra e O Salnés, con 1.057. Por baixo do milleiro seguen as de Lugo, con 967; e Ferrol continúa á cola, con 483.

Segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade este pasado martes, 14 de xuño, adaptado ao novo sistema de vixilancia da Covid-19 centrado en poboación vulnerable, a incidencia acumulada a 14 días en Galicia en maiores de 60 anos aumentou a 726,20 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media estatsl subiu a 589,82.

En Galicia a incidencia no grupo de idade de 60 a 69 anos ascendeu a 14 días a 682,73 casos por 100.000 habitantes; no de 70 a 79 anos a 723,51; e no de maiores de 80 anos subiu a 794,35.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...