InicioSucesosDetido un individuo por cuspir e agredir a axentes locais en Lugo

Detido un individuo por cuspir e agredir a axentes locais en Lugo

A Policía fora mobilizada por unha pelexa entre el e outro home.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron un individuo por atentado a axentes da autoridade tras cuspir e lanzar patadas e puñadas a axentes locais mobilizados por unha pelexa entre el e outro home.

Segundo relatou a Policía Local, durante a tarde deste pasado martes dous indicativos da Unidade Territorial de Barrio foron enviados á Avenida da Coruña porque nas inmediacións do inmoble á altura do número 184 producíase unha pelexa entre dous individuos.

Á chegada dos axentes, ambos os implicados manifestaron que discutiran, pero ningún deles desexaba presentar denuncia polos feitos. Pero, destacan as mesmas fontes, “de forma sorpresiva, un deles iniciou unha actitude agresiva cara aos axentes, e cuspiu e lanzou contra eles os seus efectos persoais, ademais de patadas e puñadas”.

Debido a iso, o individuo violento tivo que ser reducido polos policías e detido por atentado a axentes da autoridade, polo que foi levado a dependencia policiais.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...