InicioDeportesO Breogán ilusiona cun xenial Lucio Redivo e gaña ao europeo Fuenlabrada...

O Breogán ilusiona cun xenial Lucio Redivo e gaña ao europeo Fuenlabrada (88-81)

O escolta arxentino, con 23 puntos totais e 18 no segundo tempo, foi moi ben acompañado polos 17 de Johan Löfberg (15 ao descanso), e os 10 de Alec Brown e Romaric Belemene

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Baloncesto Breogán proclamouse campión da quinta edición do Torneo “Lugo é basket” organizado pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón (AXSC) ao vencer ao Baloncesto Fuenlabrada (88-81) no Pazo dos Deportes de Lugo. O Fuenlabrada xogará competición europea a vindeira tempada, concretamente a Basketball Champions League. Os lucenses contaron con sete xogadores en propiedade e coa novidade do ala-pívot Alec Brown, lesionado no primeiro minuto de xogo do primeiro amigable. No Fuenlabrada, dous ex xogadores do Breo: o carismático Álex Llorca e Daniel Clark.

O Breogán foi superior dende o comezo. Dominou o ritmo do partido, controlou o xogo, foi máis eficaz e dominou amplamente o rebote. Un extraordinario Johan Löfberg, con 15 puntos ao descanso e 17 finais completados con 6 rebotes e 4 asistencias, foi decisivo para que o equipo adestrado por Natxo Lezkano dominase o encontro. Na segunda metade, 18 puntos de Lucio Redivo para 23 totais. O escolta arxentino amosou a súa electricidade habitual, penetrando e lanzando dende longa distancia. Ademáis, foi importante a laboura física de Romaric Belemene (10 puntos e 5 rebotes), así como as triplas (3) de Aleksandar Cvetkovic e unha racha de 8 puntos prácticamente consecutivos de Alec Brown no terceiro cuarto. Brown aportou finalmente 10 puntos e 8 rebotes. O Fuenlabrada amagou coa remontada grazas, especialmente, á calidade de “Pako” Cruz na segunda metade, mentres na primeira metade cómpre subliñar a dirección e anotación de Tomás Bellas, así como o xogo interior e exterior do ala-pívot Daniel Clark.

Pola tarde, o C.B. Aros de León gañou ao Durán Maquinaria Ensino Lugo (60-62) na edición feminina do Torneo “Lugo é basket”. Nas lucenses, destacaron Laura Aliaga, con 14 puntos, 6 rebotes e 3 asistencias; e Claudia Calvelo, con 14 puntos, así como Britany Miller, con 11 puntos e 10 rebotes. Dekeiya Cohen, con 15 puntos, 13 rebotes, 2 asistencias e 3 recuperacións, foi a mellor xogadora leonesa.

ÚLTIMAS

Comezan as obras de desdobre do último tramo da avenida Infanta Elena en Lugo

As obras que completarán o desdobre e humanización dos 2,7 quilómetros da Avenida Infanta...

Tomé e Castro presentan o número máximo de avais para dirixir o PSOE provincial

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o edil de Paradela Iván Castro presentaron...

Condenados 8 ultras participantes nunha pelexa na previa do Lugo-Ponferradina de 2023

O Xulgado de Instrución nº1 de Lugo condenou este luns aos oito ultras investigados pola súa...

Café Candelas obtén visto e prace ambiental para construír unha planta que aglutinará todo o proceso produtivo en Lugo

Café Candelas obtivo o visto e prace da Xunta desde o punto de vista ambiental para...