InicioCulturaMural dedicado a Agustín Fernández Paz en Vilalba

Mural dedicado a Agustín Fernández Paz en Vilalba

O artista Mon Devane recibiu o encargo de inmortalizar a este intelectual local. O retrato faise nun edificio da avenida Terra Chá da capital chairega.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pasado xoves, 5 de maio, o artista Mon Devane comezou a pintar o novo mural do Concello de Vilalba. Esta peza artística estará dedicada ao escritor vilalbés Agustín Fernández Paz co obxectivo de render homenaxe á súa figura a través da arte urbana. O concelleiro de Infraestruturas, Luis Fernández, e a concelleira de Xuventude, Antía Rama, acompañaron ao artista urbano no inicio do seu traballo.

O novo mural, situado na avenida Terra Chá súmase aos catro que xa embelecen o casco urbano de Vilalba: na piscina municipal, de Iria Fafián; na rúa Carmiña Prieto Rouco, de Pablo Lage (Van-Kraft); na rúa do Cotarón, de Miguel Peralta (Cestola na Cachola); e na travesía dos Castros, de Lula Goce.

“Neste proxecto conxugamos dous obxectivos: embelecer a nosa vila mediante a arte urbana e dar visibilidade á traxectoria do vilalbés Agustín Fernández Paz, referente na nosa literatura”, subliña Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.

Pola súa banda, a concelleira de Xuventude, Antía Rama, dixo que: “Debemos compartir o legado de Agustín Fernández Paz coa cidadanía e sobre todo entre o público infantil e xuvenil. Por iso este tipo de accións permítenos conectar a literatura do escritor coa arte e a mocidade”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...