InicioPolíticaFeijóo: “As obras na Residencia acreditarán que as dúbidas foron malintencionadas”

Feijóo: “As obras na Residencia acreditarán que as dúbidas foron malintencionadas”

A Xunta apura o Concello de Lugo a conceder as licenzas de construcción e deriva a responsabilidade sobre as cuestións técnicas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, ratificou este martes que respectará e completará o plan integral para a renovación da Residencia. “Non sei se hai xente á que non lle interesa que fagamos unha reestruturación completa e cumpramos todos os compromisos co barrio da Residencia de Lugo, pero dende logo, a Xunta de Galicia vaino facer”. Neste senso, avanzou que o executivo presentará nas vindeiras datas o proxecto de demolición do edificio onde irá o novo centro de saúde, e que antes de fin de ano solicitarán todas as licenzas construtivas.

Sobre a cuestión da cesión dos terreos a favor da Comunidade Autónoma para poder dotar doutros usos á área do vello Hospital Xeral, Feijóo derivou a responsabilidade nos letrados da Seguridade Social, para que definan “se isto é unha afectación, ou unha desafectación, ou unha mutación demanial”. Á marxe das cuestións técnicas, insistiu en que “a Xunta o que quere é ter a licenza para empezar a construír o centro integral de saúde, o primeiro que imos facer en Galicia”.

Canda este edificio sanitario, o único non afectado pola anulación dos trámites dentro dun acordo opaco e aínda sen explicar, a Xunta mantén que dotará ao complexo de todos os equipamentos comprometidos co Goberno central en 2017: a oficina de emprego e formación, a residencia da terceira idade, o centro de innovación e emprendemento aeronáutico, e a planta de biomasa que fará funcionar a todo o conxunto.

Así, Feijóo afirmou que a solicitude de licenzas comezou en xullo, e “nas vindeiras semanas” fará o propio coa do centro de emprego, para “antes de finalizar o ano” proxectar e obter a licenza da residencia. “Non podemos concretar maior compromiso -continuou-, o cen por cento dos compromisos co barrio se manteñen integramente”.

“O que necesitamos é licenzas para poder construír”, apurou o Concello de Lugo. “Dentro de mes e medio presentaremos o proxecto para a demolición do edificio vello onde se vai construír o centro de saúde”. Este proxecto é individual, precisou o máximo responsable autonómico, pola presenza de amianto; o departamento de seguridade laboral aconsellou plantexar un proxecto específico para, despois de derruído, acometer a obra. Os traballos de proxectaxe son simultáneos e xa se solicitou a licenza de construcción. Na Xunta esperan que o derrubamento se produza antes de que remate 2018.

“Se alguén quere poñer dúbidas sobre o compromiso da Xunta, as obras acreditarán que esas dúbidas eran malintencionadas”, censurou Feijóo. “O único que podemos facer, insisto, é construír previa licenza”.

En Marea preguntará no Parlamento pola situación da Residencia

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...