InicioSociedadeO vento deixa refachos de 130 km/h en Muras

O vento deixa refachos de 130 km/h en Muras

A Xunta activou unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral lucense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vento deixou nas primeiras horas deste venres refachos máximos de 130 quilómetro por hora no municipio de Muras e de 125 km/h no litoral de Viveiro.

Así consta nos rexistros de Meteogalicia, recollidos por Europa Press ata as 16,30 horas deste venres, nos que se constata que en localidades con altitude menor de 900 metros o refacho máximo comprendeu a Viveiro, con 125 km/h rexistrados ás 5,10 horas deste venres. Ademais, en zonas altas tamén o vento deixou refachos de 88,2 quilómetros por hora en Cervantes ou 85,7 en Baleira.

Este venres a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou unha alerta laranxa por temporal costeiro no noroeste da provincia da Coruña e no litoral lucense. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), activouse o nivel laranxa por un fenómeno meteorolóxico adverso mar dentro entre Prior e Bares, con vento do suroeste-oeste de forza oito, no noroeste da provincia da Coruña e no litoral lucense.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...