InicioDeportesO C.V. Emevé ficha á internacional arxentina Natalia Aispurúa

O C.V. Emevé ficha á internacional arxentina Natalia Aispurúa

A central, de 26 anos, foi 60 veces internacional coa selección albiceleste, é unha das capitás e procede do Evreux Volley-Ball, da Ligue A francesa

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Voleibol Emevé Lugo, que competirá a vindeira tempada en Superliga 1, máxima categoría do voleibol español, anuncia a contratación da central arxentina Natalia Aispurúa, de 1.92 metros de estatura, 26 anos e procedente do Evreux Volley-Ball, da Ligue A, máxima categoría de Francia. É internacional arxentina en 60 ocasións e, incluso, é unha das capitás. 

Segundo o Emevé, é “unha xogadora con gran experiencia que aporta estabilidade tanto ofensiva coma defensiva no centro da rede”. Ademáis, o club síntese “orgullo” de que “represente” as súas “cores”.

Hoxe en día, o Emevé conta con 13 xogadoras en plantilla coa citada central Natalia Aispurúa, a tamén central Irene Yáñez, a a central Laura Villasante, a tamén central María Aguiar, a central Anllelivis Caballero, a receptora Lucía Prol, a líbero Eliana González, a colocadora Carmen Saá, a aposta Julia Paradela, a colocadora Ivelina Avramova, a receptora Tea Andric´, a líbero Paula Lorenzo e a colocadora María Rodríguez Sanjurjo. Anllelivis Caballero, Ivelina Avramova, Tea Andric´e María Rodríguez Sanjurjo son as catro fichaxes polo do momento. Anllelivis Caballero e María Rodríguez Sanjurjo son xuvenís. A idea do club é contar con 13 ou 14 fichas. 

O club lucense comezará a tempada o sábado 12 de outubro en Las Palmas contra IBSA CV CCO 7 Palmas.

ÚLTIMAS

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...