InicioPolíticaO PP de Vilalba ratifica como líder á deputada Sandra Vázquez

O PP de Vilalba ratifica como líder á deputada Sandra Vázquez

Suma a Baamonde e Criado como presidentes de honra.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Vilalba elixiu este sábado por aclamación á deputada autonónica e, ata agora, presidenta da xestora, Sandra Vázquez, como nova líder da formación nun congreso no que se renovou a xunta directiva local.

Segundo informa nun comunicado, o comité executivo, composto por 10 mulleres e cinco homes, integra “caras novas de xente nova e persoas con experiencia en gobernos anteriores”, que contarán co apoio de 32 vogais en representación do conxunto do termo municipal. A proposta da presidenta a José María García Leira uniranse na Presidencia de Honra do partido os tamén exalcaldes Agustín Baamonde e Gerardo Criado. 

“O legado do noso presidente fundador, Manuel Fraga, merece que desde hoxe se empece a construír un proxecto gañador que alcance o goberno desde a unidade, xenerosidade e do que sexan centro os vilalbeses”, proclamou a presidenta provincial do partido, Elena Candia. Vázquez, pola súa banda, comprometeu “sumar” e “traballar” para fortalecer o partido.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...