InicioSociedadeRatifican a condena ao Concello de Monterroso por facer traballar as empregadas...

Ratifican a condena ao Concello de Monterroso por facer traballar as empregadas de axuda no fogar en Nadal

As traballadoras deberán ser indemnizadas con 50 euros máis intereses legais por ser obrigadas a traballar o 24 e 31 de decembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso presentado polo Concello de Monterroso contra a sentenza do xulgado do social número 3 de Lugo pola que foi condenado a indemnizar ás traballadoras do servizo de axuda no fogar (SAF) que foron obrigadas a traballar os días 24 e 31 de decembro de 2020.

O fallo, difundido este xoves pola CIG, ratifica a condena ao consistorio monterrosino a indemnizar a cada traballadora con 50 euros máis intereses legais por cada un dos dous días que traballaran no nadal de 2020. A sentenza do alto tribunal galego dá por bos os argumentos da representación das empregadas, que alegaron que os días 24 e 31 de decembro non eran laborais e que, ao obrigar ás traballadoras a acudir ao seu posto sen ofrecer alternativa ou medida compensatoria, estaba a incorrer nunha modificación substancial das condicións de traballo (MSCT).

A central nacionalista aplaude o fallo do TSXG ante o que considera como un “acto de prepotencia, desprezo e caudillismo” do Executivo local cara ás súas empregadas, á vez que o interpretan como a “restauración” da “honorabilidade e profesionalidade” das traballadoras.

Así, considera que a alcaldesa de Monterroso, a independente Rocío Seijas, debería pedir desculpas publicamente ás traballadoras polas súas críticas cara a elas no pleno municipal, á vez que insta o goberno municipal “a rectificar na súa soberbia e caprichosa política de persoal”.

ÚLTIMAS

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...